COÑECER A MEDALLA MILAGROSA
Ø ¿Que é a Medalla Milagrosa?
É unha
medalla relixiosa na que destaca, por un lado a representación da Virxe María,
gloriosa no ceo e, por outro, representa
un M e unha cruz, cos dous corazóns de Xesús e María, todo iso rodeado por doce
estrelas.
Ø ¿Que pretende a Medalla Milagrosa?
A Medalla é
a expresión da mensaxe que a Santísima Virxe María transmitiu a unha humilde filla
da Caridade, Sor Catalina Labouré, o 27 de novembro de 1830, na cidade de
París, a fin de que servise como un esquema gráfico de catequese e recordatorio
dunha verdadeira síntese da Fe cristá.
Ø ¿É una medalla que invita á devoción?
Claro que
si, pero entendéndoa ben. A verdadeira devoción está en aprender a vivir como
auténticos fillos de Deus, no seguimento de Xesucristo.
Ø ¿Por que lle chamamos “Milagrosa’?
Ó pouco de
repartir as primeiras medallas, comprobouse que facía verdadeiros milagres. Os
máis importantes que realizou e realiza é cambiar os corazóns dos seres
humanos, facendo que se volvan cara a Deus, cambien a súa vida e comecen a
vivir segundo o plan de salvación que Cristo veu ensinarnos, é dicir, no amor a
Deus e ós demais, comezando polos máis achegados.
En realidade,
este é o único gran milagre que produce a Medalla. Se muda o noso modo de ver a
Deus, acercándonos ó que El nos revelou e, por tanto, aproximándonos ós demais,
non debemos aspirar a ningunha outra cousa mellor.
Ø ¿Cómo entender o que se ve na Medalla?
O
anverso Representa
a obra de Deus en María, o que Deus quere facer en nós: .
-
Hai unha imaxe de María cun vestido branco e manto azul, en alusión ó seu
triunfo no ceo, despois de ser
fiel ó que Deus lle pedía na terra.
-
Medio globo sobre o que apoia os pés: É a expresión de que Ela é a raíña do universo,
porque
soubo ser fiel a Deus.
-
Unha serpe: O pecado e o mal simbolízanse na Biblia coa figura da serpe.
María venceunos
plenamente; invítanos a facelo nós tamén.
-
Nas mans, raios de luz: Expresan a intercesión de María. Cando acudimos a Ela acabamos
recibindo Luz coa que interpretar a vida e, sobre todo, a nosa relación con Deus.
María é Nai de Misericordia.
-
Unha inscrición: “Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a
ti”. É
a consecuencia de todo o que “di” a Medalla. Acudimos a Ela, a “filla predilecta
de Deus
Padre”, para que Ela nos ensine e axude a “ser” e “vivir” coma fillos de Deus.
O reverso: Representa a resposta de María.Dela aprendemos
a vivir o que Deus quere de nós:
-
Unha Cruz, apoiada na letra M: Símbolo do cristián e, máis concreto, de Cristo e
do modo
como nos redimiu.
-
M de María e a súa persoa, a súa maternidade.
-
A cruz e o M entrelazados: Recórdanos a cooperación de María con Cristo na obra da Redención.
-
O Corazón de Xesucristo: Del saen unhas lapas, para recordarnos que o corazón é
a expresión
do amor, do gran Amor que Xesús nos ten Está rodeado da coroa de espiñas xa
que o amor, as máis das veces, supón sufrimento.
-
O Corazón de María: Tamén con lapas de lume para expresar o seu amor, e atravesado
por
unha espada, para evocar as palabras que o ancián Simeón dixo a María, cando ela
presentou
o Neno Xesús no templo: “..unha espada atravesará o teu corazón”, aludindo ó sufrimento que ía experimentar ó
cumprir a tarefa que Deus quería encomendarlle.
-
Doce estrelas: Sempre as estrelas son símbolo de luz e beleza en medio da noite.
Estas Doce
Estrelas recórdanos textos da Biblia: No libro do Apocalipse fálase dunha “muller
coroada
de doce estrelas”, na que se creu ver, simbolicamente expresada a Virxe María (tal
vez para simbolizar os dons que Deus lle concedeu) ou a Igrexa (doce foron os fundamentos
da Igrexa, os doce Apóstolos)
Ø ¿Cal é, pois, a Mensaxe que se pode deducir de
toda a Medalla?
A Medalla
recórdanos sempre que María foi verdadeira filla de Deus, e viviu como tal. Nós
tamén o somos, en razón do noso bautismo, e debemos vivilo en todo momento.
Levar a Medalla é coma un continuo recordo de que debemos exercitamos no Amor.
Sería unha contradicción levala e non amar, e non perdoar ou acoller sempre.
Ø ¿Por que esta Medalla foi entregada a unha Filla
da Caridade?
As Fillas
da Caridade e, en xeral, tódalas institucións que naceron de San Vicente de
Paúl e de Santa Luísa de Marillac, non teñen outra preocupación que servir a Xesucristo
nos Pobres. Os Pobres, e os que teñen un corazón pobre, son capaces de entender
estes símbolos da Medalla, e vivilos con sinxeleza. Tal vez por iso a Virxe María
escolleu a unha Filla da Caridade, para ensinarnos un camiño para ser fieis ó Evanxeo.
Ø ¿Por que a Medalla adoita ser entregada ó terminar unha celebración
eucarística?
A Medalla
invítanos ó encontro gozoso cos demais, no amor de Xesucristo. É o que vivimos e
celebramos cando imos á Eucaristía. A
Medalla pretende ser un modo de continuar na vida o que experimentamos na
celebración do Amor de Xesucristo nos irmáns.
Ø ¿Por que se “impón” a Medalla?
Recibir a
Medalla supón ter conciencia do que significa e aceptar vivilo. Por iso, recíbese
cunha imposición ou acto solemne, de modo que quen a recibe se compromete a
levala con honor, que é o mesmo que vivir sempre como auténtico fillo ou filla
de Deus.
Ø ¿É bo dar a Medalla Milagrosa a outras
persoas?
Si, aínda
que non se lle impoña, con tal de que nunca lla deamos sen explicar
suficientemente o que significa cada un dos símbolos que hai na Medalla, e os
animemos a vivilos.
Ø ¿Quen foi Sor Catalina Labouré?
Para
transmitir a mensaxe da Medalla, a Virxe María escolleu a unha Filla da Caridade
chamada Catalina Labouré. Estaba nunha etapa de formación que as Irmás chaman
Seminario Interno. Aparecéuselle por primeira vez na noite do 18 ó 19 de xullo
de 1830, e despois, noutras ocasións, aínda que, a máis importante foi o 27 de
novembro de 1830, mentres facía oración, pola tarde, na capela da Casa Nai de
París. Cando terminou a súa preparación, Sor Catalina foi enviada a servir ós
anciáns nunha casa desa mesma cidade, y alí viviu ata que morreu moi anciá. Só
o seu director espiritual coñeceu que a Virxe se lle aparecera. Ninguén o soubo
mentres ela viviu. En 1947, a Igrexa recoñeceu que foi Santa e, por iso, chamámola Santa Catalina Labouré.
ACTIVIDADES
v ¿Que é o que máis te chama a atención?
v Fai unha oración de acción de gracias a María
v SÍMBOLOS QUE ATOPAS NA MEDALLA
§
Símbolos
naturais:
-
Raios de
Luz que simbolizan as gracias que derrama a Virxe
-
As
esferas dunha das aparicións que representa o mundo enteiro
-
A
actitude de distribuír gracias, que nos recordan a súa intercesión e mediación
Þ ¿Que descobres nestes símbolos?
Þ ¿Que te suxiren a ti?
- Símbolos bíblicos
-
As
estrelas, que recordan o texto de Apoc. 12, 1
-
A cor do
vestido, que alude o mesmo versículo
-
Os
corazóns traen á memoria a profecía de Simeón (Lc. 2, 35) ó igual que María no
Calvario (Xn. 19, 25)
-
A serpe
ós pés de María, que evoca á Xénese (Xen 3, 15)
Þ Le e escribe as citas bíblica
Þ ¿Que te suxiren estes símbolos
¿Qué es la “Familia Vicenciana?
Se llama así al conjunto de los grupos de
cristianos que se sienten inspirados e impulsados a vivir el Evangelio
en el estilo en que lo hizo San Vicente de Paúl. Hay muchos grupos díferenles
en todo el mundo. En España los más importantes, además de la Asociación de la
Medalla Milagrosa, son las Hijas de la Caridad, los Padres Paúles, el
Voluntariado de la Caridad, la Sociedad de San Vicente de Paúl (Conferencias de
San Vicente), y
J.M.V. En todo el mundo el número de miembros de la Familia Vicenciana
ronda los dos millones. En España pasamos de los cien mil.
¿Qué significa “pertenecer” a la Asociación de la Medalla Milagrosa (en
abreviatura
se dice: A.M.M.)?
Es una Asociación integrada por personas que pretenden vivir el Mensaje
de la Medalla, no sólo individualmente, sino también en grupo. Por eso se reúnen
pará ariimarse a ello. Y al mismo tiempo lo celebran dando culto gozoso a la
Virgen Maria. Y como lo viven con ilusión, tratan (ID difundir este mensaje a
todas tas personas que pueden.