NADAL DE LUINTRA
Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a
ela,
San Xosé a
acompaña.
Chegaron
a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen
chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se
traen cartos que entren
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos
son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?