domingo, 15 de noviembre de 2026

O MAGOSTO


Historia do magosto en Galicia

Antes do cristianismo celebrábanse en varios lugares da península Ibérica festexos que conmemoraban a recollida da castaña, un dos ingredientes principais e presentes na gastronomía popular, xunto coa landra, desde o Paleolítico.
Crese que o magosto en Galicia ten un vínculo directo coa celebración do Samaín, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, unha festividade pagá de orixe celta que honraba o final das colleitas e celebraba a chegada dun novo ciclo anual. Posteriormente, a cristianización transformou esta festividade no “Día de Todos os Santos”, o 1 de novembro.

Ademais dunha nova relixión, a chegada dos romanos a Galicia trouxo consigo moitas cousas; unha delas foi a intensificación do cultivo do castiñeiro. Así, as castañas foron un sustento básico para a poboación galega durante séculos, e especialmente para os campesiños.